A CITA ESTIVAL OBRIGADA!
Xa non hai verán sen Go!Go!Zo!
Picadiscos de diferentes estilos, actividades infantís, xornadas especiais para toda a familia, eventos deportivos e moito talento con selo galego encherán o recinto do Monte do Gozo. Peregrinos e veciñanza poderán gozar dun completa programación que se estenderá entre os meses de xuño e setembro.
Velaquí che deixamos un resumo das principais propostas:
FESTIVAL INFANTIL
Un festival musical infantil que achegará a Santiago aos grupos de moda para a cativada da man de Go!Go!Zo! A cita ofrecerá diferentes escenarios con propostas musicais e de lecer para toda a familia.
EVENTOS DEPORTIVOS
O deporte será protagonista en Go!Go!Zo! coa retrasmisión de eventos deportivos en pantalla xigante e a celebración do torneo de Basket 3×3, que se desenvolverá en colaboración coa FEGABA. Contaremos con speakers, picadiscos e moitas sorpresas para gozar de xornadas de deporte, música e diversión.
PICADISCOS
Un dos sinais identitarios de Go!Go!Zo! son as sesións de picadiscos! O noso escenario acollerá a máis de 20 picadiscos durante estes catro meses. Reforzamos a presenza feminina e incorporamos novos nomes á listaxe. Descobre aos artistas que marcarán o ritmo do noso festival!
Go!Go!Zo! NO CAMIÑO
O festival amplía a súa área de influencia en xullo! Tres albergues do Camiño Francés encheranse de música coas actuacións de bandas noveis galegas. Alerta spoiler a peregrinos! As sesións terán lugar os tres primeiros xoves e cuarto martes de xullo en Sarria, Melide e Arzúa. Uns concertos que aportarán os folgos e enerxías necesarias para finalizar o percorrido a Compostela!
FESTIVAL INFANTIL
Como quedaron gañas de máis, o Revenidas Miúdo regresará a Go!Go!Zo! a finais de xullo! A segunda edición desta cita ofrecerá diferentes escenarios con propostas musicais e de lecer para toda a familia!
PICADISCOS
Un dos sinais identitarios de Go!Go!Zo! son as sesións de picadiscos! O noso escenario acollerá a máis de 20 picadiscos durante estes catro meses. Reforzamos a presenza feminina e incorporamos novos nomes á listaxe. Descobre aos artistas que marcarán o ritmo do noso festival!
CATIVIDADES
Outro dos clásicos estivais do Monte do Gozo son as propostas de lecer para nenas e nenos de 3 a 12 anos. Os meses de verán estarán marcados polas xornadas entre inchables e outras actividades dirixidas ás crianzas.
MACROACTUACIÓN
Levamos o pulo ao talento musical das academias galegas no ADN. Por iso, todos os anos pechamos o noso festival coa Macroactuación organizada por A Casa do Rock. Esta mesma escola ofrecerá os seus combos musicais tanto dentro como fóra do recinto do Monte do Gozo. Sesión vermú ou de tarde, calquera momento é ideal para escoitar boa música!
EVENTOS DEPORTIVOS
O deporte farase protagonista a fin de semana do 7 e 8 de setembro co Go!Go!Zo! Basket 3×3, que se desenvolverá en colaboración coa FEGABA. Contaremos co speaker do Obradoiro CAB, que fará as veces de condutor dunhas xornadas que combinarán deporte, música e outras sorpresas.
XORNADA SOLIDARIA
Go!Go!Zo! aposta nesta cuarta edición por Aldeas Infantiles SOS Galicia, cunha xornada solidaria na que se visibilizará o labor que desenvolven no seu centro de acollida en Redondela. Unha cita que terá lugar o domingo 15 de setembro.